lirikcinta.com
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu un vento vén – labregos do tempo dos sputniks

Loading...

vén, vén, vén, un vento vén,
vén, vén, vén, un vento vén.
vento norte, vento forte.
vén, vén, vén, un vento vén.
insinareiche sin berros.
o poeta é un mestre sin ira.
levareite ó meu reino,
onde te agarda
a bandeira da espranza.
non che amostrarei aquela
triste, abatida sobre o mastro,
solitaria baixo unha chuvia cincenta.
estou arrepentido de pensar
que o máis brosmo e brután dos homes
non poida descalz-rs-
pra entrar no noso reino.
(¡a poesía é o gran milagre do mundo!)
portas de ferro pechadas
hai na casa do patrón
pra non deixar que entre o vento, vén,
de revolución.
refrán
eu faréi que olles a través das túas maos toscas
a luz da túa sangre.
puliremos a túa frente de seixo
hasta case facela lúa.
non che faréi erguer pesadas pedras,
nin subir o monte máis alto
onde cravada está
a bandeira do meu verso,
nin soster cos teus hombros as noites.
todo esto xa o ten feito o poeta
por ti, pra ti e máis pra o mundo.
eu asegúroche que quedarás enviso
fitando prás estrelas.
o xoto palpexar das túas maos
chegará a conocer as rosas invisibles na noite.
sentirás o borboriño da propia sangre
i o silencio que todos levamos
cando digas:
os seos da miña amada…
quedarás deslumbrado pola súa luz,
baixo da sombra verde no bosque.
(¡a poesía é o gran milagre do mundo!)
mais ten as portas abertas
o pobo traballador
pra deixar que entre o vento, vén,
de revolución.
refrán

faremos música do teu vocerío.
eiquí estamos coa túa lingoaxe vulgar.
nomearás calquera cousa
–árbol, cabalo, pedra…–
e veralos nacer coa súa vida máis íntima,
cos seus contornos máis puros.
olla esa formiga,
ise argueiro mouro…
qué delicados dedos de alfareiro
puideron modelar tan pequechiño corazón,
que latexa agora baixo dos altos árboles?
non te decatas de que se moveu o silencio?
é esa noitarega
que nesgóu o bosque:
doces, xordas plumas,
abanador da noite.
meniña, esta longa noite
de pedra estase a acabar.
alborexa o dia cun vento, vén,
de liberdade.
refrán

lirik lagu lainnya :

YANG LAGI NGE-TRENDS...

Loading...