lirikcinta.com
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu a frol d’augoa – luar na lubre

Loading...

onde vai nosa señora,
onde vai santa maría?
– vai cara a banda do mar,
vai cara a manda da ría.

que dis a virxe, que dis,
que dis santa maría?
– cal será a meniña, cal
que colla s frol d´augoa fria?

– non será dama nen deuda,
que será a princesa aldina,
a princesa namorada
filla do rei de galicia
tan feitiña e tan bonita
c´aqueles seus ollos craros
do color d´augoa da ría
soio ti, aldina, serás
quen leve a frol d´augoa fria.
erguete do leito, nena,
ven cara a banda do mar,
qu´anque ti veñas soiña
en compaña has de tornar.

erguete do leito, nena,
ven cara a banda da ría,
qu´anque ti soiña veñas
tornarás en compañía.

na torre do real palacio,
anque inda está lonxe o día,
móvense os liños dun leito;
algunha xente se erguía
¡é a princesa! ¡deul-a garde!

era a moi garrida aldina
que vai día de san xoán
catal-a frol d´augoa fria.

lirik lagu lainnya :

YANG LAGI NGE-TRENDS...

Loading...