
permanece sempre - garcia mc lyrics
boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla
deixei atrás a miña estrela e fun descendendo progresivamente cara a terra
desta volta encarneime nun lugar chamado santiago de compostela
e alí estaba ela, maría do pilar magdalena co ventre aberto por cesárea
e manuel o ebanista, o artista da madeira, esperando fora a miña chegada
a min pintóuseme a primеira acuarela, con tódolos elemеntais desta terra galega
quedábame unha misión tan difícil por diante, enfermei ós tres meses gravemente
pero tiña que cumprila, os primeiros momentos de enfermidade, debilidade e silencio
deron lugar á palabra (mamá / gugutata) e gateando pola casa fun explorando o terreo
a ver que pasa, ata conseguir conquistar o espazo e poñerme de pé
e así alcancei a verticalidade e comecei a pensar: quen son os xigantes que nos están a soñar?
boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla
eu era un neno con grande capacidade de escoitar
e tiña un mundo interior moi rico, era sensible, agarimoso
e sufrín enormemente atoparme un mundo doloroso
e durmía co meu oso de peluche, sempre que podía comía chuches
gustábame xogar ás canicas e á peonza, 1, 2, 3, zapatito inglés
diante da nosa casa e cada 20 minutos un coche pasa (apartade!)
subíamos ás árbores, íamos a recoller amoras e tirar petardos polas festas
tamén lembro aquela idade na que me levou miña nai por primeira vez á escola
berraba como porquiño que vai ó matadeiro, sabía o que me esperaba
maltrato no colexio castelao, pásoche os nomes por privado
da directora, do profesor, da profesora e da outra profesora
afortunadamente houbo algún que influíu en que estea aquí agora
na lingua dos avós que temos mortos, polos seus froitos recoñecerédelos
a idade infantil desaparece, a infancia permanece sempre
boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla
boto de menos a miña infancia perdida pois é a patria da vida e se abre a ferida e supura a marabilla (a marabilla)
Random Song Lyrics :
- a sip of multiverse - lacrimas profundere lyrics
- the one - the woodshedders lyrics
- only 17 - lih lyrics
- desordem e regresso - funkero lyrics
- palm trees - moonmanflo lyrics
- what kind of love is this? - amazing rhythm aces lyrics
- fais le pas - nicanor pol lyrics
- cry4u - olly lyrics
- capitale #7 - lasko kelvin lyrics
- i'm the god - morning star lyrics