ben linda - mercedes peón lyrics
quixera
contarvos unha historia
dunha nena calquera
din que aconteceu na galicia
ou aconteceu noutro lado
sería turquía
a nena
abriu un día unha porta
tras ela había unha rifa
o pai que xa daquela bebía
estaba moi agresivo
e a nai que o sufría
miña nai xa mo dicía
eu tamén o considero
e o que non ten cabeza
para que quere o sombreiro?
ailale
a mamaíña chámase clara
a súa nena é a máis linda
a mamaíña chámase clara
a súa nena é a máis linda
o pai
prometeulles poñerse ben
o home é certo non bebía
e mentres a nosa clara vivía
belinda afogaba día tras día
e mentres ela medraba
máis protexida
dentro dunha gaiola tecida
polo pai
o carcereiro
e se xa non tes cabeza
para que quére-lo sombreiro?
non me tóque-la puñeta
non me tóque-la puñeta
que me dixo miña nai
que tocara a pandeireta
ilalelale
Random Song Lyrics :
- mood indigo - cheeze (korean) lyrics
- face down in the gutter of your love - dent may lyrics
- invisible sentinels - constructus corporation lyrics
- pocket change - rob baird lyrics
- cieli lontani - la crème lyrics
- using me - 777kali lyrics
- maj på malö - evert taube lyrics
- co novýho zmrde? - řezník lyrics
- flexin' - yung simmie lyrics
- should've been - zonnique lyrics