formentor - mrtn lyrics
por debaixo do mar soa un pandeiro
e hai un río de luz asulagado
por enriba do mar soa unha frauta
e hai unha rúa de camelios brancos
viñen ao sul
viñen aos ceos craros
un aire azul de mornas volvoretas
chouta, lene e torcaz, de barco en barco
vexo rendas de escumas nas olladas
e teño sangue mozo nos meus brazos
un edén houbo eiquí de arxilas moles
i eiquí nasceron tódolos paxaros
e tódolos camiños que levaban
mirtos e espellos, por eiquí pasaron
estóu no sul
estóu nos ceos craros
esta é a illa das covas misteriosas
formentor é seu facho
unxida de olios vellos
a súa noitе ten lumes lonxanos
voces, cristalеs, bosques silandeiros
vagalumes e greas de cabalos
veño do sul
veño dos ceos craros
nascéronme nas maus augamariñas
traio nos beizos froles de laranxos
vexo rendas de escumas nas olladas
e teño sangue mozo nos meus brazos
un edén houbo eiquí de arxilas moles
i eiquí nasceron tódolos paxaros
e tódolos camiños que levaban
mirtos e espellos, por eiquí pasaron
Random Song Lyrics :
- não vamos parar - hairspray brasil lyrics
- não tem preço - sorriso maroto lyrics
- crente redondo - cicero nogueira lyrics
- vai ter que rebolar - os atuais lyrics
- boy do carrão - wesley safadão lyrics
- the invisible wall - the gazette lyrics
- santos, meu amor - louis riel lyrics
- vai ser melhor pra mim - sampa crew lyrics
- ele está passando aqui - eliane silva lyrics
- à procura de um só - társis iraídes lyrics