lirikcinta.com
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

lirik lagu esmorga inferno – ezetaerre

Loading...

brinda e berra polas loitas que nos quedan
ti navega contra o peso da existencia
o seu paso borrarase sen piedade desta terra
non imos lembrar a quen tolera a súa violencia
o egoísmo liberal téñenno gravado a lume
o filtro de vhs non tapa esa podredume
eu non quero enterro, choros nin pesadume
toca brincar, que o vello mundo se derrube
pra, pra, pra vivir ombro con ombro
non van rematar cos nosos soños
cantar pola conquista do que é noso
e militar na rúa é a mellor das nosas promos
que ese deica logo non te pille por sorpresa
sopesa na balanza as vitorias e a túa achega
non creo en máis alós e se existe a vida eterna
mandádeme pró inferno a seguir dándolles guerra

estamos de paso, que lle imos facer
batemos contra o muro unha e outra vez
que na esmorga inferno non hai nada eterno
afrontemos o medo deste baile contra o tempo

estamos de paso, que lle imos facer
batemos contra o muro unha e outra vez
brindemos polas vitorias que virán
cando o mundo cambie morreremos en paz

entre saberes e quereres vou perdido
entre refachos agocha o vento ferido
dentro de min, a ruína e a vergoña
nas horas mortas síntome incomprendido
mais sigo ardido polo que quero ver, eh
por esa terra que aínda está por nacer, que
polas que foron pra que chegue a ser
contra toda esa xente que nos quere ver morrer
que, queren ser os reis, mais non chegan nin a samesuga
queren, queren, ser pastores sendo xudas
queren, queren, os principios que despois alugan
queren os cartiños, presumir e logo d-rs- á fuga
en fin, aghora que se maten
que como tántalo no tártaro rematen
nós ficaremos, si, tomando parte
loitando dende aquí ata o derradeiro instante

retrouso

ei, ei, ei, aviso a navegantes: foodies, haters, pihippies e instagramers
na esmorga inferno todas imos ao mesmo
con miseria, sen xustiza e sen tempo de preguiza
antes de que desaparezamos, no baile da barbarie berramos…

e que morran eles e vivamos nós
e que morran eles e vivamos nós
e que morran eles e vivamos nós
vivamos nós

retrouso

escoitei a un cura dicir nun funeral
non temades á morte, hai vida máis alá
pois veña, que vaia morrendo el
e que leve tamén a llarena e ao rei
creo e penso no paso polo mundo
xa vivo no inferno, non é cousa do futuro
nunca escravo e baleiro o peto
versos claros, sen fardar de intelecto
dá igual quen son, de onde veño e onde vou
o sentido é camiñar cara un mundo millor
pola estreita liña da vontade e a utopía
f-go equilibrismos coas mellores compañías
pra que a terra s-xa leve e doia menos vivir
seguide ao meu carón até o momento de partir
que se morro mañá non lle temo ao esquecemento
loitade por min, polos soños que levo dentro

retrouso

lirik lagu lainnya :

YANG LAGI NGE-TRENDS...

Loading...