lirik lagu mirada interna – sondarúa
[letra de “mirada interna”]
[estrofa 1: alex arnoso]
neste idioma, sono universal, esperanto
lágrimas no tempo, taj mahal
teu mausoleo visiteino, estaba mal
os seus beixos atopeinos no nepal, levitando
como súcubo na habitación, na que descanso en falso
aquí non hai remanso, parálise do sono, pálidos tonos
os meus medos están medrando sen abonos
taquicardia, presión no pulmón, fobias f*xen fóra
en forma de canción, estou estraño, dubido de quen son
noto outra despersonalización, somos clons, penso con
a cabeza rota, mentres fumes flotan neste vagón
non derramo gotas de frustración, endorfinas libero
nestes renglóns, ambrosía, alimento dentro nestes días
nos que versos moi perversos fanme ter misantropía
alevosía, premeditación, un querubín afástame da salvación
estou no averno, ciao san pedro, non me deixou entrar
polo que escrebo no caderno, frío inverno, pálpebras finas
calma auténtica sen benzodiacepinas
[estrofa 2: hugo guezeta]
nacín un 22, inconformista, ma’
non tiven pistola pero quixen disparar
enfadado porque o mundo non me chista na’
ti rapeas para ti ou para instaghram?
artista? na’, case quedo no intento
rápido cando entro, pálido con talento
cálido sentimento, tráxico pero lento
a todo cristo desconcentro, estou rimando a un dez por cento
na’ na’, xa non che son o mesmo de “episentro”
por que ghardei para min o que sufrín para dentro?
por que finxín ante todos vós estar contento?
porque só un mesmo sabe curar seu lamento
monógamo de mente, bígamo do sinte
fodo con cada beat, póñolle os cornos co seguinte
o cora’ si arrepinte, e sempre vai de fronte
fiquei sen horizonte dende que pasei os vinte
os teus colegas minten, están decíndoche que vales
logo rinse tras de ti coma chacales
vin tantas cousas que case mellor que cale
déchesme tanta forza que case mellor que fale
non hai segredos neste puto panorama
onde cando despunta un, o resto fala
pelexan polas migallas, pana
están botando merda enriba por unha efímera fama, no drama
lirik lagu lainnya :
- kumpulan lirik lagu mcgwire › lirik lagu let me go – mcgwire
- kumpulan lirik lagu sanito › lirik lagu ende der welt – sanito
- kumpulan lirik lagu big yavo › lirik lagu put that shit on – big yavo
- kumpulan lirik lagu meat computer › lirik lagu turned pale – meat computer
- kumpulan lirik lagu manu meta › lirik lagu vhs – manu meta
- kumpulan lirik lagu the brook brothers › lirik lagu he’s old enough to know better – the brook brothers
- kumpulan lirik lagu bo x › lirik lagu up all night – bo$ x
- kumpulan lirik lagu hitta castro › lirik lagu desperate – hitta castro
- kumpulan lirik lagu zivert › lirik lagu турист (tourist) – zivert
- kumpulan lirik lagu kids garden › lirik lagu slip by – kid’s garden